Consello e Oficina de Linguas
O Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado foi creado polo Real Decreto 905/2007, do 6 de xullo, como órgano colexiado interministerial dedicado á análise, o impulso e a coordinación da política da Administración Xeral do Estado en relación co uso das linguas oficiais das Comunidades Autónomas, co obxectivo de procurar unha mellor atención aos dereitos lingüísticos dos cidadáns.
A Oficina de Linguas Oficiais, creada no artigo 8 do Real Decreto antedito, configúrase como "unidade permanente de asistencia e apoio ao Consello", dedicada ao "estudo, a promoción, o asesoramento, a planificación e a constatación do uso das linguas oficiais, tanto nos servizos centrais como na estrutura periférica da Administración Xeral do Estado".